AVISO LEGAL
PROPIEDADE DO SITIO WEB E O SEU CONTIDO
MALLOL TRADUCTORS ASSOCIATS, S. L. (no sucesivo, MALLOL TRADUCTORS, S. L.), con NIF B63656037, domiciliada en calle Cardedeu, 25, bajos, 08002 BARCELONA e inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona, tomo 37043, folio 128, folla número B296120, inscrición 1.ª, informa os usuarios das condicións de acceso e uso do sitio web http://www.malloltraductors.com, do cal é titular.
O acceso e a utilización de calquera páxina web titularidade de MALLOL TRADUCTORS, S. L. leva consigo a plena aceptación, e sen reservas por parte do usuario, destas condicións xerais de acceso e uso vixentes en cada momento no cal o usuario acceda a elas. Polo tanto, estas condicións xerais regulan o acceso e o uso das páxinas web que MALLOL TRADUCTORS, S. L. pon á disposición dos usuarios de Internet de forma gratuíta.
Ao acceder ás páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L., o usuario confirma que leu este aviso legal.
DEREITOS DE AUTOR
As páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L. réxense polas leis españolas e están protexidas pola lexislación nacional e internacional sobre propiedade intelectual e industrial.
Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre toda a información contida nas páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L. —entre outros, deseño gráfico, debuxos, logotipos, imaxes, índices, textos, audios, vídeos, programas, deseño e signos de identificación, así como os seus códigos fonte, estrutura de navegación, bases de datos e todos os elementos contidos— son titularidade de MALLOL TRADUCTORS, S. L., agás os contidos que pertenzan a terceiros aos cales o usuario pode acceder mediante hiperligazóns.
En ningún caso o acceso e uso das páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L. por parte dos usuarios se poderá considerar como concesión de licenza de uso nin dereito a ningún activo de MALLOL TRADUCTORS, S. L. ou dos seus autores lexítimos e, polo tanto, non implicará cesión, nin transmisión nin calquera tipo de renuncia de dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
Correspóndelle a MALLOL TRADUCTORS, S. L. exercer exclusivamente os dereitos de explotación dos contidos das súas páxinas web en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.
Queda prohibida calquera reprodución, copia, distribución, transformación, publicación e calquera outra actividade que se poida levar a cabo coa información contida nas páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L., así como co seu deseño, selección e modelo de presentación dos materiais que inclúan, para calquera finalidade e con calquera medio utilizado, sen a autorización expresa de MALLOL TRADUCTORS, S. L. ou do seu lexítimo autor.
A utilización non autorizada da información contida nas páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L., a modificación ou supresión de datos, así como a lesión dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de MALLOL TRADUCTORS, S. L. dará lugar ás responsabilidades establecidas legalmente.
EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
Todos os usuarios destas páxinas web actúan baixo o seu propio risco e, ao accederen a elas, aceptan usalas conforme as leis e os usos de tránsito. Polo tanto, deberán responder perante MALLOL TRADUCTORS, S. L. ou outras empresas por calquera dano que se puidese producir como consecuencia dun incumprimento destas obrigas.
Quer o acceso ás páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L., quer o uso que se poida facer da información que conteñan é responsabilidade exclusiva dos usuarios. MALLOL TRADUCTORS, S. L non responderá de ningunha consecuencia, dano ou perda que poida derivar do acceso a esta información ou do seu uso.
MALLOL TRADUCTORS, S. L. non se responsabiliza dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin de calquera dano ou perda que se lle poida causar ao sistema informático do usuario, os ficheiros ou documentos que estean almacenados como consecuencia do acceso ás páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L. ou do uso de información ou de aplicacións que conteñan.
MALLOL TRADUCTORS, S. L. non asume ningunha responsabilidade derivada da concesión das ligazóns de terceiros ou dos seus contidos, aos cales que refiren nas súas páxinas web ou que terceiras partes incluísen nas hiperlizagóns. O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre MALLOL TRADUCTORS, S. L. e o propietario da páxina web na cal se estableza, nin tampouco a aceptación e aprobación dos seus contidos ou dos servizos que se ofrezan. Así mesmo, MALLOL TRADUCTORS, S. L. non garante a ausencia de virus ou doutros elementos que poidan producir alteracións no sistema informático, os documentos ou os ficheiros do usuario, e exclúe calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao usuario, derivados do acceso a estas ligazóns de terceiros.
FORMATO E MUDANZAS NO AVISO LEGAL
MALLOL TRADUCTORS, S. L. non garante a idoneidade, a fiabilidade, a dispoñibilidade, a oportunidade nin a exactitude de información ou servizos contidos nas súas páxinas web, que se poderán actualizar, modificar ou eliminar sen previo aviso, e respecta, en todo caso, as previsións legais de información.
MALLOL TRADUCTORS, S. L. reserva, sen necesidade de previo aviso e en calquera momento, o dereito a suspender temporalmente o acceso ás súas páxinas web e a efectuar as modificacións que considere oportunas das páxinas, dos servizos ou da información ofrecida, da súa presentación ou localización, e das condicións xerais de acceso e uso.
PROTECCIÓN DE DATOS
MALLOL TRADUCTORS, S. L., como titular das súas páxinas web, informa os usuarios de que non recolle datos persoais deles.
LEXISLACIÓN APLICABLE
Todas as cuestións relativas ás páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L. rexeranse pola lexislación española. MALLOL TRADUCTORS, S. L. e os usuarios, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de Barcelona.
Toda a información que se reciba nas páxinas web de MALLOL TRADUCTORS, S. L considerarase cedida a MALLOL TRADUCTORS, S. L. a título gratuíto.
Poderase presentar calquera reclamación, consulta ou suxestión a través do apartado de contacto da páxina web www.malloltraductors.com/gl/contacto.