Asesoramento lingüístico
Se ten dúbidas sobre a lingua, en Mallol Traductors Associats atendemos as súas consultas.
E se desexa mellorar a súa comunicación corporativa, tamén podemos axudalo/a. En Mallol Traductors Associats, analizamos os textos corporativos da súa empresa e propómoslle directrices que garantan a coherencia lingüística nas súas comunicacións. Ofrecémoslle un pequeno manual de estilo á medida, tendo en conta as súas necesidades e o público a quen se dirixe. Revisamos a web, o modelo de factura, as enquisas aos clientes, a publicidade da súa empresa, etc., e recomendámoslle aspectos que axuden a establecer uns criterios lingüísticos que lle dean coherencia á súa comunicación escrita.
Solicite un orzamento para os servizos de asesoramento lingüístico a comandes@malloltraductors.com.