Somos lingüistas profesionais, eficaces,…
Somos puntuais.

Benvidos

Mallol Traductors Associats comezou a súa traxectoria
profesional en 1979 ofrecendo servizos de tradución.
Axiña incorporamos as correccións e as transcricións.

Actualmente, os nosos clientes son profesionais, axencias
de publicidade, laboratorios, empresas privadas, entidades e
administracións públicas, entre outros.

 

Traducións

Contamos cun equipo de tradutores nativos e con experiencia contrastada.
Ofrecemos servizos de tradución en máis de 15 linguas de traballo, entre elas:
inglés, francés, italiano, portugués, galego, éuscaro, alemán, neerlandés, sueco,
dinamarqués, noruegués, finés, polaco, ruso, xaponés ou chinés.

 

Correccións

Un texto con erros é unha mala carta de presentación.
Os correctores profesionais de Mallol Traductors Associats
revisarán os seus textos con sumo coidado para axudalos/as
á mellor imaxe posible. Corrección de textos en catalán e castelán,
pero tamén en inglés, francés ou italiano, entre outros.

 

Asesoramento Lingüístico

Se ten dúbidas sobre a lingua, en Mallol Traductors Associats
atendemos as súas consultas.

E se desexa mellorar a súa comunicación corporativa, tamén
podemos axudalo/a.

 

Transcripcions

En Mallol Traductors Associats, dispomos dun vasto equipo de transcritores
que nos permite entregar transcricións con celeridade.

Transcribimos a partir de gravacións de audio ou vídeo. Poderá dispor decontado
do texto que precisa.

 

Redacción

En Mallol Traductors Associats, redactamos actas de reunións
a partir da orde do día e da gravación. Temos unha dilatada
experiencia na redacción de actas de plenos dos concellos.

Se nos entrega a gravación dunha reunión, redactarémoslle
a acta que precisa.

 

Tarifes e Orzamentos

As tarifas de Mallol Traductors Associats dependen das
linguas de traballo e do tipo de texto en cuestión. Indíquenos
que servizo precisa e elaborarémoslle un orzamento sen
ningún tipo de compromiso.

Escríbanos a comandes@malloltraductors.com.

Como pórse en contacto
con
Mallol Traductors ?